Para celebrar o Día do Libro, no ano do 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes, Raquel Queizás contou parte das aventuras de Don Quijote ao alumnado de primeiro. Foi unha actividade divertida e interesante como son sempre as actuacións de Raquel.
Grazas ao Concello de Betanzos, especialmente ao Servizo de Normalización.
Un ano máis, e grazas ao Concello de Betanzos, o noso alumnado puido gozar dos contos que Raquel Queizás trae na súa maletra. Foi unha actividade divertida e interesante para conmemorar o día do Libro de 2015.
Grazas ao Servizo de Normalización do Concello de Betanzos
Patricia e Álex cóntannos fragmentos dos contos titulados Mamá e Onde viven os monstros, publicados pola editorial Kalandraka. Se queredes coñecer as historias completas... tedes que ler os libros!
Preme na imaxe para ver as instantáneas tomadas ao longo das sesións de contacontos que nos ofreceu a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia a través da linguaxe de signos.
Preme na imaxe e verás a presentación das instantáneas tomadas ao longo das sesións de contacontos que nos ofreceu a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia empregando a linguaxe de signos.